de aquí

Espazo de apoio e para revitalizar proxectos autónomos arrasados polas lapas e reforestar o tecido de persoas autónomas e emprendedoras afectadas polo lume.

Descobre os proxectos e ás persoas que hai detrás

11264_MG_8118-min

Sarah Jane Borcuk Cardoso

  • 646896273
  • https://artesaniaenxebre.com/
  • O produto que ofrecemos son pezas artesanais en madeira galega, elaboradas con técnicas tradicionais como o torno e o pirograbado. Esculturas, agasallos conscientes e creacións únicas que transmiten emoción, compromiso ambiental e vínculo coa paisaxe e a cultura local. Cada obra nace dun proceso coidadoso, onde a madeira cobra vida para expresar mensaxes que importan: desde a beleza da fauna ata a denuncia dos silencios que nos rodean. Son obxectos con alma, pensados para conectar co público desde a verdade e a autenticidade.