Moitas das persoas afectadas que sufriron perdas significativas estaban á fronte de proxectos profesionais, emprendementos, pequenas e medianas empresas que supoñen un piar da nosa economía, e están hoxe esforzándose por remontar e retomar as súas actividades.
Tras a preocupación e a tristeza que deixaron os recentes incendios, dende a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais propoñemos dar a coñecer estes proxectos, conectar as persoas e as historias que hai detrás delas con toda a nosa comunidade.
Este escaparate ofrece un #ImpulsoAutónomo a quen lidera proxectos e ofrece servizos nos concellos galegos afectados polos incendios, para darse a coñecer e chegar a máis público a través deste espazo virtual.