#Conta con

Escaparate de persoas autónomas e empresas

Espazo de apoio e para revitalizar proxectos autónomos e empresas  afectados polas lapas e reforestar o tecido de persoas autónomas e emprendedoras afectadas polo lume.

Un Espazo para IMPULSAR os proxectos das persoas autónomas e as empresas afectadas polos incendios de este verán 2025.

O patrimonio natural e cultural Galego viuse asolagado polas lapas.  En especial as provincias de Lugo e Ourense suman importantes extensións gravemente afectadas, así como vivendas, granxas, naves, negocios, locais,…
 
Sendo moitas as persoas afectadas que sufriron perdas significativas que estaban ao fronte de proxectos profesionais; empredementos; pequenas e medianas empresas que supoñen un piar da nosa economia, e están hoxe esforzándose por remontar e retomar as súas actividades.
 
Tras a preocupación e a tristeza que deixaron os recentes incendios, dende a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais propoñemos dar a coñecer estes proxectos,  concetar as persoas e as historias hai detras deles con toda a nosa comunidade.
 
Este escaparate ofrece un #ImpulsoAutónomo a todas aquelas persoas que lideran proxectos e ofrecen servizos nos concellos galegos afectados polas lapas, para darse a coñecer e chegar a mais público a través de este espazo virtual.

Espazo de apoio para revitalizar proxectos de empresas e persoas autónomas e emprendedoras que se viron afectados polos incendios.

Un escaparate para impulsar os proxectos das persoas autónomas e as empresas galegas afectadas polos incendios do verán 2025.

O patrimonio natural e cultural galego viuse afogado polos incendios. En especial as provincias de Lugo e Ourense suman importantes extensións gravemente afectadas, así como vivendas, granxas, naves, negocios, locais…

Moitas das persoas afectadas que sufriron perdas significativas estaban á fronte de proxectos profesionais, emprendementos, pequenas e medianas empresas que supoñen un piar da nosa economía, e están hoxe esforzándose por remontar e retomar as súas actividades.
 
Tras a preocupación e a tristeza que deixaron os recentes incendios, dende a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais propoñemos dar a coñecer estes proxectos, conectar as persoas e as historias que hai detrás delas con toda a nosa comunidade.
 
Este escaparate ofrece un #ImpulsoAutónomo a quen lidera proxectos e ofrece servizos nos concellos galegos afectados polos incendios, para darse a coñecer e chegar a máis público a través deste espazo virtual.
Ler máis...

Descubre os proxectos e as persoas que hai detrás

Medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais de 2025

A Xunta de Galicia pon á disposición das persoas, empresas e entidades afectadas diferentes liñas de axudas directas para contribuír á recuperación da normalidade nas zonas danadas polos incendios forestais deste verán.

Estas axudas enmárcanse dentro do Decreto 76/2025, do 29 de agosto de 2025, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025, aprobado polo Consello extraordinario da Xunta de Galicia que tivo lugar en Ourense o 29 de agosto de 2025. Entre outras:

  • Axudas para explotacións agrícolas, gandeiras e forestais afectadas polos incendios.
  • Axudas para empresas afectadas polos incendios forestais.
Aparece no escaparate

Accede ao formulario de inscrición

Engade os teus datos

O teu perfil será revisado e validado

Listo! Aparecerás no escaparate